01/03/2012

A familia

A familia de Souto vive en Vilanova de Ribarteme. Don Antón, o médico do concello,
é un home aínda novo que viviu sempre na aldea, de non ser os anos que
pasou estudando enSa n t i a g o. Alí casou coa que hoxe é a súa _ _ _ _ _ _, Rosario Seoane. Cando volveron xuntos a Vilanova, tiñan xa un fillo, o Henrique. Carme a súa _ _ _ _, é dous anos máis nova ca el. Pero o rei da casa é o _ _ _ _ _ _ _, Lelo, que cos seus cinco anos fai o que quere. Con ser tan _ _ _ _ _ _ , manda nos pais, nos _ _ _ _ _ _ , nos avós, e mesmo nos tíos e _ _ _ _ _ _ _, que ás veces veñen visitar o _ _ _ _ _ _ _ _, á casa dos antergos.
O avó, o tío Pepe como lle chaman na aldea, xa vai vello pero aínda está _ _ _ .
Hai pouco que celebrou o seu setenta e cinco aniversario. Foi un día de ledicia para
o tío Pepe, porque viu xunta toda a súa parentela: fillos, sobriños, _ _ _ _ _, bisnetos, xenros, _ _ _ _ _ , compadres. Todos estiveron na casa. Despois do xantar,
contoulles contos de cando el era novo, de seu _ _ _ _ _ _ _ , que emigrara a Bos
Aires, das mozas que tivera, do seu casamento, do nacemento e bautizo do primeiro
fillo, de cando morrera a súa muller...

Sem comentários:

Enviar um comentário