28/02/2018

Debate de xénero


 
O debate de xénero desenvolveuse na Biblioteca do IES Pedro Floriani a semana do 19 ao 23 de febreiro. Nel participaron os dous grupos de 1º de ESO.
Nun primeiro momento, as rapazas e os rapaces enfrontáronse cunha serie de textos. Elas do Diario dun xove maniático. Eles de Eu tamén son maniática. Ambas obras son da autoría de AIDAN MACFARLANE; ANN MCPHERSON, ambos británicos e relacionados co mundo da saúde. Despois de ler os textos participaron nun debate, no que cada persoa e cada grupo presentaba os seus argumentos e opinións. Por último, xa na aula, elaboraron as súas conclusión.
Este documento recolle a súa experiencia.

TEMAS QUE APARECÍAN NOS TEXTOS

  • Puberdade nun rapaz.
  • Eufemismos para denominar palabras que resultan incómodos para rapaces e rapazas. 
  • Media de peso e altura de rapaces e rapazas. 
  • Puberdade nunha rapaza. 
  • Desenvolvemento físico e persoal. 
  • Sexo. 
  • Os problemas co teu peso.

OPINIÓN DO GRUPO

Opinamos que estes temas deberían falarse con máis normalidade entre os rapaces e rapazas, xa que adoitan falar deles con naturalidade cos adultos e con vergoña entre eles. Esta etapa é moi importante para as súas vidas e debería normalizarse.
O noso grupo opina que son temas que non deberían tomarse á lixeira.

OUTROS TEMAS TRATADOS

  • Clasificar a outros compañeiros e compañeiras.
  • Virxindade.
  • Machismo.
  • Violación (aínda que non entraba no tema).

OPINIÓN SOBRE ESTES TEMAS

Opino que o intento de clasificar persoas (de calquera forma posible) é denigrante para ambos suxeitos, ademais de que cada persoa decide sobre o seu corpo. Todos debemos respectar para ser respectados, polo que ninguén e mellor ou peor.
O noso grupo opina que todos somos libres de decidir sobre a nosa vida.

CONCLUSIÓNS

O noso grupo extrae como conclusión de que estas cousas está ben falalas e comentalas porque axúdanos a entendelas e a compartir a nosa opinión.