30/10/2017

Como unha novela

Na primeira sesión do grupo de lectura de adultos do IES Pedro Floriani lemos o libro Como unha novela de Daniel Pennac.

Fixemos unha lectura en voz alta de varias partes do libro.

Aquí tendes un enlace para lelo en diapositivas como fixemos no club.
O comezo
Algunhas páxinas máis

Axiña saíron temas de discusión interesantes, sobre a lectura, as nosas experiencias como persoas lectoras, e a nosa experiencia como persoas animadoras da lectura.
Tamén houbo un animado debate sobre os dereitos das persoas lectoras e a posibilidade de introducir tamén as obrigas correspondentes coa lectura.