01/03/2012

contraccións

O primeiro encontro coa Irmandade tivo lugar no chamado castro da Framela,
preto das Neves, onde cinco mil irmandiños confiaban en cortarlles o paso,
sen contar naqueles primeiros días da volta dos señores coa determinación dos feudais,
que cargaron cos arcabuceiros por diante para desconcerto dos labregos e
viláns que nunca tal viran, acometendo logo os peóns xurdidos no medio do lume
e das explosións para crebar as defensas e esganar a coitelo os feridos e todos aqueles que non puideran fuxir. Mais con todo, se grande foi o dano para a Irmandade
nesta batalla, maior puidera ter sido de non dar por boa Soutomaior a victoria,
impedíndolles ós seus homes asañarse perseguindo ós fuxidos. Pero o efecto da primeira
derrota foi decisivo para os ata o de entón invencibles exércitos irmandiños
e fornecidos os feudais de novos azos sabéndose donos do chan polo que ava n z aban,
durmiron ó abeiro de Framela, establecendo no castro o primeiro acampamento
e lugar de refuxio no caso de ter que retroceder na procura de cuartel.

A casa

É moi interesante botarlle un vistazo a este documento sobre as casas http://www.edu.xunta.es/centros/ceipbergantinhos/system/files/CASAS.pdf

A familia

A familia de Souto vive en Vilanova de Ribarteme. Don Antón, o médico do concello,
é un home aínda novo que viviu sempre na aldea, de non ser os anos que
pasou estudando enSa n t i a g o. Alí casou coa que hoxe é a súa _ _ _ _ _ _, Rosario Seoane. Cando volveron xuntos a Vilanova, tiñan xa un fillo, o Henrique. Carme a súa _ _ _ _, é dous anos máis nova ca el. Pero o rei da casa é o _ _ _ _ _ _ _, Lelo, que cos seus cinco anos fai o que quere. Con ser tan _ _ _ _ _ _ , manda nos pais, nos _ _ _ _ _ _ , nos avós, e mesmo nos tíos e _ _ _ _ _ _ _, que ás veces veñen visitar o _ _ _ _ _ _ _ _, á casa dos antergos.
O avó, o tío Pepe como lle chaman na aldea, xa vai vello pero aínda está _ _ _ .
Hai pouco que celebrou o seu setenta e cinco aniversario. Foi un día de ledicia para
o tío Pepe, porque viu xunta toda a súa parentela: fillos, sobriños, _ _ _ _ _, bisnetos, xenros, _ _ _ _ _ , compadres. Todos estiveron na casa. Despois do xantar,
contoulles contos de cando el era novo, de seu _ _ _ _ _ _ _ , que emigrara a Bos
Aires, das mozas que tivera, do seu casamento, do nacemento e bautizo do primeiro
fillo, de cando morrera a súa muller...