03/07/2018

Ulises e Polifemo


Odiseu ou Ulises  Foi un heroe da guerra de Troia. Rei de Ítaca. Foi o ideador do cabalo de Troia, que permitiu a entrada dos gregos nesa cidade.
  Após a derrota dos troianos el iniciou unha viaxe de volta para a súa terra. Despois de moitas tempestades e apuros el e a súa tripulación chegaron a unha illa. O lugar parecía ata un paraíso con árbores frutíferas que alí crecían sen necesidade de coidados.  Eles só non sabían que esta era a illa dos cíclopes, xigantes cun só ollo no medio da testa. Nesta illa eles encontraron unha caverna, entraron nela e descubriron alá dentro cabras e queixos, e comezaron a se alimentar con eles. Mais a caverna tiña dono, o cíclope Polifemo, fillo do deus do mar Poseidón.  Este chegou á tarde á súa casa e fechou a entrada cunha pedra xigantesca. Ao percibir a presenza dos homes preguntou:
- Quen sodes vós, que invadides a caverna de Polifemo?
  Ulises respondeu:
-Somos gregos, participamos da guerra de Troia e desexamos retornar ás nosas casas. Estamos cansados e famentos. Por iso pedimos túa hospitalidade. Lembre-te que os deuses protexen a quen dá abrigo a quen o precisa.
 O monstro agarrou un daqueles homes e dixo:
-Vouvos mostrar a miña hospitalidade.
    Levantou entón o tal home e o devorou. Despois diso adormeceu.

  Na mañá seguinte ele devorou outros dous homes. Nese momento Ulises pensou en matar o ciclope, mais lembrou-se de que só el tería forzas para retirar a pedra que fechaba a entrada da caverna. Após devorar estes dous homes, Polifemo saíu da caverna. Foi aí que Ulises tivo unha idea.  Encontrou un pau ben groso dentro daquela caverna e coa axuda dos seus homes fixo nel unha punta ben fina. Despois escondeuno.
   À noite, cando Polifemo voltou devorou máis dous gregos. Ulises trouxera viño, e dixo ao monstro:
-E agora que tal experimentar a bebida dos deuses?
  Polifemo preguntou:
-Que bebida é esa?
  Ulises entón ofreceu o viño a el.
-Proba, teño certeza que gustarás del -dixo Ulises.
  Polifemo gustou moito do viño e preguntou:
-Cal é o nome deste que me ofrece unha bebida tan excelente?
-O meu nome é ninguén -falou Ulises.
O ciclope pediu máis. Bebeu tanto que acabou embriagado e adormeceu. Rapidamente, en canto o monstro durmía, Ulises e seus compañeiros fixeron unha fogueira e aqueceron o pau que el tiña escondido. Despois espetárono no ollo de Polifemo.
Cego e desesperado, Polifemo comezou a gritar:
-Valédeme, fun ferido.
Os seus irmáns que estaban do lado de fora da caverna preguntáronlle:
 -Quen te feriu, meu irmán?
  El respondeu:
-Ninguén me furou o ollo.
Eles pensaron que o seu irmán estaba tolo e marcharon.
Apalpando as paredes, Polifemo retirou a pedra que fechaba a caverna e colocaba a man sobre cada unha das ovellas que saía para ter certeza de que os homes non escaparían. Ulises tivo a idea de amarrar tres carneiros un ao lado do outro. Os carneiros dos lados servían de protección e embaixo do carneiro do medio saía un home agarrado. Así todos pasaron por Polifemo. Cando xa estaba dentro do navío, Ulises dirixiu unha provocación a Polifemo, dicindo:
-O meu verdadeiro nome é Ulises, fillo de Laertes, rei de Ítaca, e se nos tiveses tratado con máis cortesía non estarías agora co ollo furado.
  Polifemo, cheo de furia, implorou a Poseidon:
-Pai Poseidon, fai que Ulises teña unha viaxe longa e chea de dificultades. Que todos os seus compañeiros morran no camiño e que el volte para casa só e miserábel.
Nun aceso de rabia Polifemo tirou unha inmensa pedra na auga que formou unha onda xigantesca. Odiseu quedou espantado coas palabras do ciclope.

A intelixencia de Ulises garantiu a supervivencia dos seus amigos. Mais axiña descubriu que o pedido de Polifemo foi atendido.

Adaptación tomada de

17/05/2018

Ruta literaria na ría de Arousa

A ría de Arousa 
A ría de Arousa é, posiblemente, a máis literaria das nosas rías.
O club de lectura do IES Pedro Floriani realizou onte, día 16 de maio, véspera das letras galegas unha ruta literaria por esta ría.
 
Comezamos a nosa rota en Catoira. Aquí consérvanse os restos do Castellum Honesti, as Torres de Catoira. Foron unha fortificación concibida para protexer Iria Flavia e Compostela dos ataques dos viquingos (chamados daquela normandos).  


Ás torres de Catoira dedícalle Rosalía o poema que gravamos por equipos.
A iaugua corría 
 polo seu camiño, 
 i eu iba ó pe dela 
 preto dos Laíños, 
 sin poder cas penas 
 que moran conmigo. 
  
Con tamaña carga, 
 ¿para dónde eu iba? 
 A Virxe sabráio, 
 que eu non o sabía; 
 mais seica fuxindo 
 de min mesma iña. 
  
Por antre os herbales, 
 profunda e sombrisa, 
 cal unha sarpente 
 de escamas bruñidas, 
 brillaba ós meus ollos 
 dándome cobiza. 
  
¡Estaba tan soia! 
 Nin bote, nin lancha, 
 nin velas, nin remos 
 a vista alebraban; 
 e soias as veigas 
 tamén se quedaran. 
  
¡Qué bonitas eran 
 noutro tempo as rosas 
 que naqueles campos 
 medran e se esfollan! 
 Mais muchas estonces 
 se amostraban todas. 
  
I o sol, cal a lúa 
 en noite de brétema, 
 brilaba tembrando 
 por antre as vimbieiras, 
 tan descolorido 
 como a mesma cera. 
  
I ao ferir as ondas 
 revoltas e escuras, 
 víanse no espeso 
 da negra fondura 
 as herbas marinas 
 e longas que a surcan. 
  
De pronto unha i outra 
 poñéndome medo, 
 as loitosas cruces 
 se me apareceron 
 que se erguen na orela 
 cal nun cimiterio. 
  
"Meu ben, ¿ónde moras? 
 -perguntéi chorando-. 
 Xa que ti morreche, 
 no mundo, ¿qué fago, 
 coma vós, ¡ouh torres!, 
 soia e sin amparo? 
  
Soidás me consomen, 
 bágoas me alimentan, 
 sombras me acompañan, 
 cómeme a triteza. 
 ¡Quén pode con tanta  
fartura de penas!" 
  
I eu non sei qué negra 
 tentazón maldita 
 me afrixéu o esprito, 
 me anubróu a vista, 
 e sorréume como 
 me o demo sorrira. 
  
Dende a fonda orela 
 miréi arredore... 
 A marea viva 
 petaba nas torres, 
 orfas antre a líquida 
 sabán que as envolve. 
  
"¡Alá vou! -lles dixen-. 
 Daime morte dose, 
 auguas onde as penas 
 para sempre dormen..." 
 Saltéi..., i a corrente 
 calada levóume. 
 .................................. 
 .................................. 
 .................................. 
 ¡Ouh Torres de Oeste! 
 Malas tentadoras 
 auguas apromadas, 
 de calma treidora; 
 cómaros pelados 
 onde o corvo pousa. 
  
¡Ouh Torres de Oeste! 
 Tan soias e mudas, 
 ca vosa atentaches 
 a miña tristura. 
 Ninguén triste vaia 
 cabo de vós nunca. 
  
Dos desamparados 
 tendes o homenaxen, 
 i aínda ó redor voso 
 non rexorde o aire, 
 coma si temese 
 de vos despertare. 
  
É das que se apegan 
 a tristeza vosa; 
 das que o peito oprimen, 
 das abrumadoras, 
 que ó inferno encamiñan 
 as almas loitosas. 
  
Que si inda estóu viva, 
 foi que un mariñeiro, 
 medio morimunda, 
 por estes cabelos 
 tróuxome das ondas 
 ó mundo en que peno. 
  
Non vaiades nunca, 
 eu vo-lo aconsello, 
 ás Torres de Oeste 
 co corazón negro. 

Catoira tamén aparece na Romaría de Xelmirez de Ramón Otero Pedrayo. 
 
Logo visitamos Vilagarcía de Arousa, moi presente no folclore popular: 
Arousa ben te podes loar / que Santiago con ser Santiago / non ten porto de mar. // Vilagarcía, cidade do Xiabre, / nos seus pazos vizosas camelias, / o loureiro en Cortegada, / no seu mar, camelias salgadas. // A Ría ten uns lunares / que fan fermoso o seu rostro, / moi preto de nós / ten ás Malveiras / e outro grande lunar, / moi belido e moi ben posto, / Cortegada quédalle ben / á faciana de Arousa. // Xa se oen ao lonxe/ as campás de San Martín de Sobrán/ para chamar e festexar / aos garridos mariñeiros de Vilaxoán. / Tres veleiros moi fermosos / surcan a nosa bahía, / Vilaxoán, Carril, Vilagarcía,/ tres vilas unidas nesta longa travesía; / xuntas forman o mellor da nosa Ría!  
Vimos só desde o autobús a Illa de Cortegada, Carril... 
É a ría das dornas... 


A dorna 
A dorna vai e ven  
Si miña señora á i-alba de Arousa beilar,  
poñereille, belida, un ventiño no mar.  
A dorna vai e ven,  que meu amor ten!   
 Poñereille unha frauta e máis un reiseñor  
e unha longa soedade coma a da mar maior.  
A dorna vai e ven,  que meu amor ten!    
Na illa de Cortegada poñereille un galán  
por pastor de mareas co seu remo na man.  
A dorna vai e ven,  que meu amor ten!   
 Poñereille unha gaita no bico da ría  
e unha abelaneira no medio do día.  
A dorna vai e ven,  que meu amor ten!  




Fixemos unha visita intensa ao IES Fermín Bouza Brey de Vilagarcía. Alí acolleunos o alumnado e o profesorado do seu club de lectura. 
Aproveitamos para ver un pequeno vídeo sobre a autora das letras galegas deste ano, María Victoria Moreno: 

Logo visitamos Vilanova de Arousa, lugar de nacemento do xenial Escritor Valle-Inclán.  

Xantamos na Illa de Arousa, en concreto a praia do Carreirón. 
  
Por último visitamos a ermida da Lanzada, chea tamén de lendas e literatura.