12/02/2012

o alfabeto

Teoría:
✐ O conxunto de letras dunha lingua chámase alfabeto.
✐ As letras son a representación gráfica dos sons dunha lingua.
✐ Os dígrafos están formados por dúas letras que representan un único son.
✐ O galego ten 23 letras e 6 dígrafos.
✐ O xénero das letras é masculino.

Aquí tes as letras do alfabeto. Debes facer unha lista das palabras que máis che gustan da lingua
galega que comecen por cada unha das letras do alfabeto.
Por exemplo: Andoriña, Berce, Castiñeiro...
A
B
C
D
E
F
G
H
I
L
M
N
Ñ
O
P
Q
R
S
T
U
V
X
Z