29/11/2012

Regueifas
Os días 20 e 21 de novembro, visitáronnos Pinto de Herbón e Luís Caruncho. Son, tal vez, os dous regueifeiros máis coñecidos do país. Explicáronnos como se fai as regueifas e logo o alumnado dos distintos grupos estivo facendo coplas. ALGÚNS MESMO CANTARON.
Imos ir publicando algunhas.

Estas son as que fixo Gabriela:

Ía eu andando un pouco
cando vin aquela feira.
Ía comprar un bolso
pero perdín a carteira.

Visitei o meu amigo
naquela casiña vella,
estaba dando botes
pelexando cunha vella.

Deille un pequeno lapis
ao meu gran amor
ía comprarlle unha camiseta
pero un libro me gustou.

Encontrábame no cine
coas miñas amigas
acabouseme a película
xa chegou a despedida

Esta fíxo Ana Misa:

Hoxe fun a Redondela
a comprar algo na feira
e acercouse a min un home
e roboume a carteira.

Estas son as de Iván Rodríguez:
Onte fun obrigado
obrigado a ir a feira
e aínda por encima
mangáronme a carteira

Visitei o meu amigo
que era policía
hoxe esta por aquí
este claro e lindo día.

18/11/2012

Samaín

Coa noite de Defuntos, a noite de Samaín, chegan tamén as lecturas de contos de terror e... os vosos vídeos de MEDO.
Deixamos un aquí O segredo da cabana