A ría de Arousa
A ría de Arousa é, posiblemente, a máis literaria das nosas rías.
O club de lectura do IES Pedro Floriani realizou onte, día 16 de maio, véspera das letras galegas unha ruta literaria por esta ría.
O club de lectura do IES Pedro Floriani realizou onte, día 16 de maio, véspera das letras galegas unha ruta literaria por esta ría.
Comezamos a nosa rota en Catoira. Aquí consérvanse os restos do Castellum Honesti,
as Torres de Catoira. Foron unha fortificación concibida para protexer
Iria Flavia e Compostela dos ataques dos viquingos (chamados daquela
normandos).
Ás torres de Catoira dedícalle Rosalía o poema que gravamos por equipos.
A iaugua corría
polo seu camiño,
i eu iba ó pe dela
preto dos Laíños,
sin poder cas penas
que moran conmigo.
Con tamaña carga,
¿para dónde eu iba?
A Virxe sabráio,
que eu non o sabía;
mais seica fuxindo
de min mesma iña.
Por antre os herbales,
profunda e sombrisa,
cal unha sarpente
de escamas bruñidas,
brillaba ós meus ollos
dándome cobiza.
¡Estaba tan soia!
Nin bote, nin lancha,
nin velas, nin remos
a vista alebraban;
e soias as veigas
tamén se quedaran.
¡Qué bonitas eran
noutro tempo as rosas
que naqueles campos
medran e se esfollan!
Mais muchas estonces
se amostraban todas.
I o sol, cal a lúa
en noite de brétema,
brilaba tembrando
por antre as vimbieiras,
tan descolorido
como a mesma cera.
I ao ferir as ondas
revoltas e escuras,
víanse no espeso
da negra fondura
as herbas marinas
e longas que a surcan.
De pronto unha i outra
poñéndome medo,
as loitosas cruces
se me apareceron
que se erguen na orela
cal nun cimiterio.
"Meu ben, ¿ónde moras?
-perguntéi chorando-.
Xa que ti morreche,
no mundo, ¿qué fago,
coma vós, ¡ouh torres!,
soia e sin amparo?
Soidás me consomen,
bágoas me alimentan,
sombras me acompañan,
cómeme a triteza.
¡Quén pode con tanta
fartura de penas!"
I eu non sei qué negra
tentazón maldita
me afrixéu o esprito,
me anubróu a vista,
e sorréume como
me o demo sorrira.
Dende a fonda orela
miréi arredore...
A marea viva
petaba nas torres,
orfas antre a líquida
sabán que as envolve.
"¡Alá vou! -lles dixen-.
Daime morte dose,
auguas onde as penas
para sempre dormen..."
Saltéi..., i a corrente
calada levóume.
..................................
..................................
..................................
¡Ouh Torres de Oeste!
Malas tentadoras
auguas apromadas,
de calma treidora;
cómaros pelados
onde o corvo pousa.
¡Ouh Torres de Oeste!
Tan soias e mudas,
ca vosa atentaches
a miña tristura.
Ninguén triste vaia
cabo de vós nunca.
Dos desamparados
tendes o homenaxen,
i aínda ó redor voso
non rexorde o aire,
coma si temese
de vos despertare.
É das que se apegan
a tristeza vosa;
das que o peito oprimen,
das abrumadoras,
que ó inferno encamiñan
as almas loitosas.
Que si inda estóu viva,
foi que un mariñeiro,
medio morimunda,
por estes cabelos
tróuxome das ondas
ó mundo en que peno.
Non vaiades nunca,
eu vo-lo aconsello,
ás Torres de Oeste
co corazón negro.
Catoira tamén aparece na Romaría de Xelmirez de Ramón Otero Pedrayo.
Catoira tamén aparece na Romaría de Xelmirez de Ramón Otero Pedrayo.
Logo visitamos Vilagarcía de Arousa, moi presente no folclore popular:
Arousa ben te podes loar / que Santiago con ser Santiago / non ten porto de mar. // Vilagarcía, cidade do Xiabre,
/ nos seus pazos vizosas camelias, / o loureiro en Cortegada, / no seu
mar, camelias salgadas. // A Ría ten uns lunares / que fan fermoso o seu
rostro, / moi preto de nós / ten ás Malveiras
/ e outro grande lunar, / moi belido e moi ben posto, / Cortegada
quédalle ben / á faciana de Arousa. // Xa se oen ao lonxe/ as campás de
San Martín de Sobrán/ para chamar e festexar / aos garridos mariñeiros de Vilaxoán. / Tres veleiros moi fermosos / surcan a nosa bahía, / Vilaxoán, Carril, Vilagarcía,/ tres vilas unidas nesta longa travesía; / xuntas forman o mellor da nosa Ría!
Vimos só desde o autobús a Illa de Cortegada, Carril...
É a ría das dornas...
A dorna
A dorna vai e ven

poñereille, belida, un ventiño no mar.
A dorna vai e ven, que meu amor ten!
Poñereille unha frauta e máis un reiseñor
e unha longa soedade coma a da mar maior.
A dorna vai e ven, que meu amor ten!
Na illa de Cortegada poñereille un galán
por pastor de mareas co seu remo na man.
A dorna vai e ven, que meu amor ten!
Poñereille unha gaita no bico da ría
e unha abelaneira no medio do día.
A dorna vai e ven, que meu amor ten!
Fixemos unha visita intensa ao IES Fermín Bouza Brey de Vilagarcía. Alí acolleunos o alumnado e o profesorado do seu club de lectura.
Aproveitamos para ver un pequeno vídeo sobre a autora das letras galegas deste ano, María Victoria Moreno:
Logo visitamos Vilanova de Arousa, lugar de nacemento do xenial Escritor Valle-Inclán.
Xantamos na Illa de Arousa, en concreto a praia do Carreirón.
Por último visitamos a ermida da Lanzada, chea tamén de lendas e literatura.
Sem comentários:
Enviar um comentário